Os prezos afondan a súa caída en outubro cun descenso do 0,9 % pola luz
Publicado o 29/10/2020 09:36

Os prezos caeron un 0,9 % en outubro en taxa interanual, o que supón profundar en cinco décimas o descenso de setembro, pola baixada dos prezos da electricidade.
Segundo o indicador adiantado do IPC publicado este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), este dato de outubro supón unha diminución de medio punto fronte á taxa de setembro e encadear sete meses en negativo desde o comezo da pandemia da covid-19.
Xunto ao comportamento dos prezos da electricidade, que baixaron fronte á subida de 2019, tamén influíu nos prezos de outubro a evolución dos servizos de telefonía, que diminúen máis este mes ca o ano pasado.