CRTVG

Buscar

Os prezos acadan en abril a taxa máis alta dende outubro de 2018

Publicado o 14/05/2021 10:53
Os prezos acadan en abril a taxa máis alta dende outubro de 2018

Os prezos eleváronse en abril ata o 2,2 %, a taxa máis alta dende hai case tres anos, segundo confirmou hoxe o Instituto Nacional de Estatística. É unha suba de máis dun punto dende o mes anterior.

Débese, sobre todo, ao encarecemento da electricidade e polos carburantes, que se manteñen sen cambios, e iso contrasta co ano pasado, en que se durrabaron ante a freada da economía mundial, en pleno confinamento.

A tendencia é contraria nos alimentos, que están agora máis baratos, e tamén o ocio, a cultura os bares ou os restaurantes. 

Noticias web

14/05/2021