CRTVG

Buscar

Os presupostos pasan o último trámite no Senado

Publicado o 22/12/2020 14:45
Os presupostos pasan o último trámite no Senado

Os presupostos xerais pasan un novo trámite, odefinitivo. Estanse debatendo no Senado e a previsión é que queden aprobados por unha ampla maioría. O pleno vai rexeitar máis de 3.500 emendas e, polo tanto, como non haberá cambios, as contas públicas quedarán aprobadas definitivamente hoxe ou como moi tarde mañá, sen necesidade de volver ao Congreso.

Nos próximos días publicaranse no B.O.E. e entrarán en vigor o 1 de xaneiro.

Noticias web

22/12/2020