CRTVG

Buscar

Os presupostos, máis preto de caer tras rexistrarse seis emendas á totalidade

Publicado o 08/02/2019 19:29

Ciudadanos foi o último partido en presentar unha emenda á totalidade dos presupostos do Estado. Antes xa o fixeran o PP, Foro Asturias, Coalición Canaria, o PDeCat e Esquerra Republicana. Se o mércores as emendas son aprobadas, as contas públicas quedarán definitivamente rexeitadas. Só o impediría que os partidos cataláns retiraran as súas e votaran en contra das dos outros partidos.

"Houbo unha negociación no cárcere e que agora segue cunha serie de xogadas de póker, de farois...", aseguraba o secretario xeral de Ciudadanos

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias mantiveron unha reunión sobre a situación dos presupostos o mércores na Moncloa. En Unidos Podemos confían en aprobalos pero son realistas.

"Non damos nada por feito pero o noso optimismo parte da base de que obxectivamente estes orzamentos son bos para España e para Cataluña", dixo a voceira de Unidos Podemos no Congreso.

E o Goberno lembra que a duración da lexislatura dependera de que haxa contas públicas. "Sen elas, o tempo acúrtase", apuntaba a vicepresidenta do executivo.
As emendas ao presupostos vótanse o próximo mércores no Congreso.

Noticias web

08/02/2019