Os presuntos violadores da moza de Burriana pasan a disposición xudicial
Os dous homes detidos como presuntos autores da violación dunha menor de 17 anos a pasada Noitevella en Burriana (Castelló) foron postos esta tarde a disposición do xulgado de garda de Vila-real, segundo fontes da Garda Civil.
Os homes foron detidos este martes, tras a investigación iniciada polos axentes despois de coñecer, a través do Hospital da Plana de Vila-real, a asistencia a unha moza de 17 anos que presuntamente fora vítima dunha agresión sexual cando regresaba ao seu domicilio na madrugada do 1 de xaneiro.
Os gardas civís do Equipo Territorial de Policía Xudicial de Burriana desprazáronse ao centro hospitalario e, tras entrevistarse coa vítima, estableceron o protocolo correspondente ante este tipo de delitos. Tras a súa investigación, lograron proceder á identificación, localización e detención onte dos supostos autores dun delito de agresión sexual.