Os presos do 'procés' reclaman o terceiro grao
Publicado o 12/12/2019 08:10
Seguen as reaccións despois de que as xuntas de tratamento dos cárceres cataláns propuxeran o segundo grao para os presos do procés.
Seguirán no cárcere pero poderán acceder a permisos a partir de xaneiro, cando cumpran unha cuarta parte da condena. Para eles é insuficiente e reclamarán o terceiro grao, un réxime de semiliberdade. Confirmábao o avogado de Jordi Sánchez, Turull, Josep Rull e Quim Forn.