Primeiro día de semiliberdade para os presos do 'procés'
Publicado o 17/07/2020 17:25
Os líderes independentistas que están presos polo procés van pasar a primeira fin de semana en réxime de semiliberdade.
O ex-vicepresidente catalán, Oriol Junqueras, e os outros 8 líderes independentistas desfrutan xa do terceiro grao que esta semana lles concedeu a Consellería de Xustiza de Cataluña. Só terán que ir a cadea para durmir de luns a xoves. A fiscalía aínda non decidiu se vai recorrer a medida.
Todos cumpren condena por sedición e por malversación de cartos e agora só terán que durmir catro días en prisión.
O presidente de Òmnium volveu á entidade, e foi recibido ao chegar con berros de 'volverémolo facer'.