CRTVG

Buscar

Os presidentes da Xunta e da Deputación de Ourense anuncian atrasos no AVE

Publicado o 16/12/2020 16:38

José Manuel Baltar agasallou a Núñez Feijóo con libros da Xeración Nós, que celebra o seu centenario. No encontro, o presidente da Deputación ourensá agradeceu a xestión da Xunta da pandemia e acusou o Goberno central de non transferirlles a concellos e deputacións fondos para a covid.

Feijóo defendeu reforzar a colaboración coas deputacións para evitar duplicidades e informou a Baltar dos atrasos do AVE.

"O AVE a Galicia non estará no ano 2021, non funcionarán trens que conecten Galicia con Madrid no ano 2021, e no relativo a Lugo, non teremos un tren de alta velocidade, como mínimo ata o ano 2024, estes son os datos", afirma o presidente da Xunta.

"As entidades locais de España, e polo tanto as galegas tamén, non recibirán nin un só euro de apoio por parte do Goberno central", sentenciaba o presidente da Deputación de Ourense.

Noticias web

16/12/2020