Os presidentes autonómicos volven reunirse con Pedro Sánchez por videoconferencia
Publicado o 07/06/2020 09:23

Este domingo celébrase unha nova videoconferencia na que participan os presidentes autonómicos co xefe do executivo, o socialista Pedro Sánchez, e algúns dos seus ministros para analizar o seguimento da crise do coronavirus en España.
Nesta ocasión, o encontro telemático prodúcese un día antes de que moitas comunidades, entre elas Galicia, entren na fase 3 da desescalada. Será o décimo terceiro domingo consecutivo que os presidentes lle transmiten ao presidente do Goberno as súas peticións, dúbidas e información sobre a situación de cadanseu territorio.