Os premiados coa lotaría de Nadal festexan a sorte e empezan a facer plans
Vicente espertou hoxe coa satisfacción do deber cumprido, porque o seu obxectivo fundamental é dar grandes premios como o que repartiu este ano. E adivinen con que soñou esta noite.
O día despois da chuvia de millóns en Vigo non se fala doutra cousa. Todo é ledicia nos vendedores de lotería e nos clientes que volven mercar desta vez para ver se lles sorrí o Neno.
Ademais de venderse na administración, o 38.341 tamén chegou a dúas cafeterías. Unha delas é esta. Youssuf abriuna en xaneiro. Neste local a ledicia do premio mesturouse con femosas historias, como a dun cliente que perdeu e recuperou o décimo.
Outra das historias é a de Ana, camareira do local. Para ela o premio foi dobre
Non podía ser maior a emoción nesta cafetería, onde estaban hoxe varios dos premiados.
Un cuarto premio que caeu en Vigo como unha bendición, para axudarnos a levar este duro da pandemia.