CRTVG

Buscar

Os pratos tradicionais son os que teñen máis éxito na cea de Noitevella

Publicado o 30/12/2020 14:57

Entrantes variados, marisco, peixe e carne. Nas mesas galegas haberá un pouco de todo esta Noitevella. Os pratos con máis éxito son os clásicos.

Polo da casa, ameixas, centolas, bacallau, rolo de carne, año ou solombo á pementa son algúns dos pratos que, segundo nos contan, van facer os clientes da praza.

Os produtos galegos son os máis demandados, pero nalgún menú tamén introducirán pratos típicos doutras zonas.

"Vai ser un mix de Galicia e Aragón, marisco de aquí e ternasco típico da miña terra, unha cea multicultural", cóntanos outro cliente.

Os vendedores confirman que os seus clientes compran máis ou menos o doutros anos e, segundo nos contan, nesta ocasión piden, ademais, algo especial.

"O que máis demanda a xente é esperanza", dinos un carniceiro. Unha esperanza que, seguramente, estará presente en todas as ceas.

Noticias web

30/12/2020