CRTVG

Buscar

Os portugueses, á espera do estado de emerxencia

Publicado o 17/03/2020 21:39

Os cidadáns portugueses levaban días pedindo o peche de fronteiras e aplauden esta decisión. O primeiro caso de coronavirus no país veciño detectouse só tres días despois que en España, pero alí estase espallando máis lentamente. Aínda así, o Goberno luso manexa prognósticos difíciles. 

O reconto de hoxe en Portugal é de 448 positivos e un morto, pero os datos que manexa o Goberno é que o virus se podería estender aínda máis que en España e Italia. A concienciación da poboación aquí é maiúscula, con negocios que xa pecharon sen que o Goberno o mandase e centos de miles de cidadáns confinados por vontade propia advertidos polas noticias que lles chegan doutros países.

Aínda que hai un pouco de todo, porque en Coimbra as forzas de seguridade están na busca dun infectado con COVID-19 que fuxiu esta mañá do hospital e que se enfronta a unha pena de 5 anos acusado de propagación de enfermidade.

O país está agora coa vista posta no consello de goberno se vai reunir para decidir se activan o estado de emerxencia, moi similar ao estado de alarma español. Á espera do discurso do mañá á noite do presidente da República, hoxe as rúas das cidades xa estaban practicamente desertas.

 

Noticias web

17/03/2020