CRTVG

Buscar

Os populares galegos botan en falta 110 millóns dos fondos europeos

Publicado o 29/03/2021 18:17

Os populares galegos seguen sen entender a repartición de axudas que fixo o Goberno central para autónomos e pequenas empresas. Nesa distribución de fondos europeos botan en falta 110 millóns.

Pedro Puy afirma que "se, por exemplo, hai un fondo para os autónomos, neste caso o número de autónomos que hai en Galicia implicaría arredor dun 7%, o que lle correspondería ao país e non lixeiramente por baixo do 4% que se lle atribúe. Estamos a falar de, como mínimo, un fondo de pouco máis de 200 millóns doutros 110 millóns que lle corresponderían".

 

Noticias web

29/03/2021