CRTVG

Buscar

Os policías xemelgos investigados en Ourense querélanse contra a xuíza que instrúe o seu caso

Publicado o 16/01/2020 15:21
Os policías xemelgos investigados en Ourense querélanse contra a xuíza que instrúe o seu caso

Os policías xemelgos investigados en Ourense presentaron unha querela por seis delitos contra a xuíza que instrúe o seu caso.

Consideran que a actuación da maxistrada foi irregular durante a tramitación das dilixencias que os acusan de matar o seu compañeiro cunha pistola roubada na armería hai tres anos. A querela presentárona ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia porque a maxistrada é aforada. Se se admite a trámite, a xuíza podería ter que apartarse do caso de xeito provisional, ata que se decida sobre a súa responsabilidade.

Os xemelgos queren que investiguen a xuíza polos presuntos delitos de prevaricación, detención ilegal, contra a inviolabilidade de domicilio, emprego de gravacións e falsidade documental.

Noticias web

16/01/2020