Os pilotos galegos prepáranse para comezar o Dakar coa prólogo do sábado
Publicado o 01/01/2021 16:43
Nunhas horas dará comezo o Dakar, no que participan os galegos Edu Iglesias en motos e Yago de Prado e Ricardo Ramilo en buggy.
Oficialmente o rally empeza o domingo, pero mañá sábado a organización fixou unha etapa prólogo, de apenas dez quilómetros de distancia, que servirá para fixar a orde de saída. Os primeiros en chegar serán os primeiros en arrancar o domingo.
Nun principio esa orde viña marcada polos dorsais, pero entendeuse que prexudicaba aos máis altos, por seren os últimos en partir e debían transitar polo pó dos anteriores.