Os petiscos tradicionais triunfan no Día Mundial da Tapa
Saír de tapas é un costume tan noso que os turistas cando nos visitan quedan prendados delas. Hainas tradicionais, hainas innovadoras.... Hoxe toca celebrar o día mundial da tapa!
Un costume, Carlos, que cada día se consolida máis. Un refresco, unha cervexa ou mesmo unha copa de Albariño desta zona do Salnés poden ser a maridaxe ideal para un destes petiscos. Hoxe é o Día Mundial das Tapas e saímos preguntar cal é a preferida, e a tortilla gaña por goleada. E é que un estudo publicado co gallo deste día confirma que a mestura de ovos con patacas cativounos ata tal punto que se converteu na nosa tapa preferida, un sinal de identidade que atrae, e moito, os millóns de turistas que nos visitan cada ano.
Hainas de culler, de escarvadentes ou de coller coa man para gozalas directamente. Hoxe é o Día Mundial da Tapa e os hostaleiros confírmannos que é un dos nosos costumes máis tradicionais.
E é que non se precisan motivos nin escusas para acompañar a nosa bebida cun destes petiscos, aínda que claro, cadaquén ten a súa preferencia.
Un viño do país, unha cervexa ou un refresco, calquera acompañamento é bo para un aperitivo, pero se preguntamos aos que nos visitan de lonxe o seu veredicto está claro.