CRTVG

Buscar

Os pescadores recreativos rexeitan as restricións da nova normativa do Goberno

Publicado o 26/05/2021 21:34

Tras rematar o período de alegacións, os pescadores recreativos están á espera da decisión do Ministerio de Pesca e Agricultura. Din que a normativa que pretenden implantar só pon trabas á actividade e queren que se refaga a norma tendo en conta o sector.

Os pescadores deportivos rexeitan a normativa que pretende implantar o Ministerio de Pesca. Din que todo son trabas e restricións tanto no que se refire ás capturas como ao tipo de embarcación.

Critican que os tratan somo se fosen furtivos obrigándoo a marcar o peixe cando eles só pescan por afección e para consumo propio. Din que declarar as capturas ten que ser algo sinxelo. Se impoñen novas aplicación móbiles, será inviable para moitos afeccionados e veranse obrigados a colgar a cana.

Din que no canto de promover esta actividade están a acabar con ela, cos seus afeccionados e tamén coa actividade económica de numerosas empresas vencelladas ao sector da pesca deportiva.

 

Noticias web

26/05/2021