CRTVG

Buscar

Os pescadores deportivos piden desde Malpica que se permita a actividade nos peiraos

Publicado o 17/04/2021 20:21

Os pescadores deportivos concentráronse esta tarde no porto de Malpica para pedir que os deixen entrar nos peiraos para poder lanzar a cana.

Son conscientes de que a pesca deportiva nas dársenas que son competencia de Portos de Galicia é unha actividade prohibida desde hai case medio século, concretamente desde 1972. Tamén é certo que se fixo a vista gorda durante décadas e esta actividade permitíase. Foi así ata que comezaron as denuncias e os conflitos nalgúns portos, coma o de Malpica.

Nesta vila da Costa da Morte concentráronse hoxe os pescadores para pedir que se modifique a normativa vixente.

Noticias web

17/04/2021

Máis sobre Malpica de Bergantiños