CRTVG

Buscar

No 2020 dixéronnos adeus celebridades de todo o mundo

Publicado o 31/12/2020 21:31

Ben podería a morte ser só parte dun guión. O cine dixo adeus adeus no 2020 a un Sean Connery de 90 anos, 7 James Bond e unha chea de filmes inesquecibles. Un pouco antes xa se despedira o único Espartaco posible para varias xeracións, KIrk Douglas, un grande de Holywood e da historia do cine.

Sen banda sonora deixábanos este verán o célebre compositor italiano Ennio Morricone, autor de máis de 500 músicas para cine e televisión.

Nestoutro lado do globo a sétima arte tamén choraba a morte dun dos seus referente: o director, guionista e produtor Juan Luis Cuerda. Con el marcharon as actrices Rosa María Sardá e Lucía Bosé.

O 2020 deixounos sen o mestre da novela de espías, o escritor británico John Le Carré. Nas mesmas páxinas outro pasamento, o do supervendas e autor da 'Sombra do vento' Carlos Ruíz Zafón.

Acabado de empezar, o ano sorprendíanos co falecemento da infanta Pilar de Borbón ao non superar o cancro de colon que padecía. Dun infarto inesperado e aos 78 anos morría tamén Julio Anguita, histórico líder da política española.

O mundo do deporte quedaba sen dúas das súas figuras máis icónicas. A do ex-xogador da NBA Kobe Bryant falecido nun tráxico accidente de helicóptero e, hai só un mes, a do que para moitos foi o mellor xogador de fútbol de todos os tempos, Diego Armando Maradona.

'Queda a música' cantaba o artista Luis Eduarde Aute desde moito antes que nos deixara o pasado mes de abril. A súa e a doutros compañeiros que finaron neste 2020 tan triste. Pau Donés díxonos adeus desde azotea e con novo disco, Armando Manzanero hai só dous días e coas súas cancións eternas.












 

Noticias web

31/12/2020