Os peregrinos non perciben masificación no Camiño de Santiago no que vai de xullo
Cando para moitos o horizonte é o 2021, para eles que van andando o final non parce tan lonxe, aínda que con cansancio ou con lesións tampouco non se percibe tan preto, pero para todos eles a meta é a mesma: chegar a Compostela, sen importar a data. A pouco máis de dez días da celebración do Apóstolo e coa palabra Xacobeo resoando entre administracións e nos negocios, no Camiño non se fala de cifras, fálase de xente: da súa hospitalidade e de que en Galicia non chove tanto como din.
Opinan os peregrinos: "Dixéronme que ía estar máis masificicado, pero está ben. E está limpo e está ben sinalizado, a miña experiencia é moi positiva".
"Os galegos marabillosos! O tema é que collimos bastante calor. Eu quería... Trouxen chubasqueiro, trouxen abrigo e non o puxen en todos os días... -Vostede quería choiva? Si, choiva, por suposto! Eu véxoo bastante ben, porque está moi ben sinalizado e cada media hora, aproximadamente, tes un bar onde podes comprar a túa botella de auga"...
"Super seguro. Moi ben sinalizado. Moi ben, as condicións moi boas e os hostais tamén moi limpos.Todos moi atentos moi amables, nos restaurantes todos che reciben ben, os menús de peregrinos tamén a prezos moi bos"...
En xuño chegaron a Compostela máis de 49.000 peregrinos, no último Ano Santo, en 2010, no mesmo mes contabilizáronse 16.000 menos.