CRTVG

Buscar

Os pequenos e grandes comercios adiantan os descontos ante a chegada do Black Friday

Publicado o 24/11/2020 14:40

Dende hai xa uns días, os escaparates de grandes e pequenos comercios anuncian tentadoras ofertas.

Aínda que o día oficial dos descontos é o venres, as rebaixas do Black Friday cada ano comezan antes.

Nesta ocasión os comerciantes apostan por adiantalas tamén para evitar aglomeracións. 

Poucos son os que non caen na tentación de comprar nestes días e cada vez aprovéitase máis a baixada nos prezos para comezar coas compras de Nadal. 

Este ano prevese unha redución no consumo e máis compras en liña.

O que non variará será o tipo de produtos que mercaremos: a moda, a electrónica e os videoxogos serán os grandes beneficiados. 

Noticias web

24/11/2020