Os pensionistas vascos piden nas rúas a blindaxe do sistema público de pensións
Publicado o 29/06/2020 15:22
Os xubilados e pensionistas vascos piden nas rúas a blindaxe do sistema público de pensións.
Como cada luns, concentráronse en Bilbao, Vitoria, San Sebastián e Irún en defensa dunhas pensións "dignas" que, segundo din, deberían de ser de 1.080 euros ao mes como mínimo.
Tamén reclaman a humanización das residencias de maiores.