CRTVG

Buscar

Os pediatras aconsellan vacinar contra a gripe os nenos de entre 6 meses e 5 anos

Publicado o 20/09/2021 19:43
Os pediatras aconsellan vacinar contra a gripe os nenos de entre 6 meses e 5 anos

A Asociación Española de Pediatría recomenda poñerlles a vacina da gripe aos nenos de entre seis meses e cinco anos. É un consello inusual e só para este outono-inverno.

Seguen a proposta da Organización Mundial da Saúde e do Centro Europeo de Control de Enfermidades. Temen que o sistema inmunitario dos nenos non responda axeitadamente ante o virus da gripe porque non estiveron expostos a el o ano pasado.

Noticias web

20/09/2021