CRTVG

Buscar

Os peches perimetrais incrementan as vendas no comercio dos lugares máis pequenos

Publicado o 28/01/2021 14:53

Coas restricións de mobilidade toca mercar no comercio de proximidade, e o aumento das vendas nótano especialmente os comercios dos concellos rurais.

"Si, si. Nós notamos melloría, que se vende moito máis porque a xente non pode ir a Lugo e merca máis aquí. Si que se nota moita máis melloría".

Gañan clientes que xa non poden ir ás cidades en busca de grandes superficies comerciais, aínda que tamén perden algúns que viñan por proximidade e que agora non poden facelo se non pertencen ao mesmo concello.

"Por unha parte, a xente da vila non pode ir a Lugo, que está moi cerca, pero, por outra, as vilas de arredor non poden vir e tamén tiñamos clientes desas zonas". "Os concellos de cerca, que son poucos quilómetros, ao cerrarnos nun núcleo pequeno tamén vai afectar".

Vense beneficiados porque se pon en valor a importancia do comercio local, que achega un trato de proximidade.

"Comercio local, aquí estamos, que se acorden de nós e que veñan". "Aquí coñecemos a todos os clientes e temos unha relación como de amizade".

Toca mudar hábitos e mercar entre veciños.

Noticias web

28/01/2021