Os partidos vascos decidirán a nova data electoral o 14 de maio
Publicado o 30/04/2020 14:34
Os partidos vascos danse de prazo ata o 14 de maio para decidir a nova data electoral. O lehendakari reuniu as formacións e achegoulles informes sanitarios que aconsellan celebrar os comicios autonómicos en xullo porque nese mes se agarda unha menor afectación do virus.
A xuntanza chega horas depois de que Iñigo Urkullu abrira unha confrontación co Goberno central pola prórroga do estado de alarma, que o PNV ameaza con non volver apoiar. O lehendakari pide pilotar a desescalada "sen tutelas", e acusa a Pedro Sánchez de impoñer un modelo recentralizador.