CRTVG

Buscar

Os partidos pídenlle ao Goberno central que acelere a rebaixa das peaxes da AP-9

Publicado o 04/01/2021 15:26

A bonificación das peaxes da AP-9 está recollida nos presupostos xerais do Estado, pero non se aplicará ata que o Goberno central a aprobe por decreto. Os partidos en Galicia pídenlle a Sánchez celeridade na rebaixa ao tempo que se cruzan reproches.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que a rebaixa "chegará no 2021, vai ser histórica e o PP e o BNG quedarán na historia de Galicia como dúas forzas políticas que votaron en contra de baixar as peaxes da AP-9 cando se opuxeron aos orzamentos. Vai levar o selo dos deputados e deputadas do Partido Socialista".

Pola súa parte, a deputada do BNG Olalla Rodil demanda "que non se perda ningún minuto máis, porque cada minuto que pasa sen aplicar esa rebaixa das peaxes, que foi resultado dun compromiso adquirido co BNG e co conxunto das galegas e dos galegos, pois é un minuto máis de incumprimento".

A viceportavoz do PP no Parlamento galego, Paula Prado, insta ao líder dos socialistas galegos a "intereses de Galicia en vez de defender tanto a Sánchez" ao tempo que cualifica os presupostos xerais do Estado como "prexudiciais para Galicia porque son os orzamentos máis baixos que destina o Goberno central para os galegos e as galegas nos últimos 17 anos". 

Noticias web

04/01/2021