CRTVG

Buscar

Os partidos apuran a campaña do 4M co obxectivo de atraer o voto dos indecisos

Publicado o 01/05/2021 21:06

Pablo Casado censuraba o acontecido cos escoltas de Podemos no contexto da campaña do 4M e tamén dixo que "os ministros causantes da crise" estaban na manifestación do 1 de maio.Mentres, Díaz Ayuso asegurou que "o cambio de rumbo en España" comezará en Madrid.

No PSOE o candidato, Ángel Gabilondo, compartíu cartel esta tarde con José Luis Ábalos e Salvador Illa. Gabilondo asegurou que vai "traballar por rebaixar a crispación" e pola "defensa da dignidade humana" e dos servizos públicos fronte á desigualdade.

Os partidos apuran esta recta final da campaña, que remata o domingo, apelando á participación e na procura do voto indeciso.