CRTVG

Buscar

Os paros volven a Portugal despois de catro meses

Publicado o 12/08/2019 14:57

Despois de catro meses, Portugal amencía esta mañá cunha nova folga dos transportistas de mercadorías perigosas, a segunda no que vai de ano. As consecuencias xa se fixeron notar desde primeira hora no país veciño, máis de 450 gasolineiras estaban fóra de servizo.
Os sindicatos esixen que a patronal do sector cumpra o acordo asinado tras a anterior folga, que recoñeceu aumentos salariais para os transportistas. Os folguistas ameazaban esta mañá con deixar de cumprir os servizos mínimos ao considerar que se están a incumprir as normas pactadas.

O Goberno luso ten declarado o estado de emerxencia enerxética e estableceu unha rede de postos de abastecemento de urxencia para que os profesionais poidan acudir de forma prioritaria, o resto de cidadáns só poderá adquirir un máximo de 15 ou 25 litros por día en función da gasolineira. O presidente AntÓnio Costa afirmaba esta mañá que os servizos mínimos se están a cumprir. Segundo o propio Goberno, o país ten reservas de combustible para tres meses.
 

Noticias web

12/08/2019