Os pais que non obtivesen praza nunha escola infantil pública xa poden solicitar o Bono Concilia
Publicado o 28/07/2020 15:12
Os pais que non obtivesen praza nunha escola infantil pública poden solicitar dende hoxe e ata o 27 de agosto o Bono Concilia.
As axudas oscilan entre os 45 e 250 euros mensuais e o investimento inicial será de 1,7 millóns de euros ampliables.
Este ano o bono está destinado aos primeiros fillos, xa que para os segundos e sucesivos a atención educativa é de balde.
Outra das novidades é que aqueles que obteñan praza a partir do 20 de outubro poderán escoller entre a praza ou seguir co bono social.