Os pais piden baixas tamén nos casos en que os nenos teñan que facer corentena sen dar positivo
Publicado o 03/09/2020 16:26
O outono preséntase cheo de nubes para moitos pais que viven con temor o inicio do primeiro curso poscovid. Moitas familias séntense desamparadas.
Conciliación. Esta é a palabra clave. Os pais piden baixas tamén para os casos en que os nenos teñan que facer corentenas sen ser positivos por coronavirus.
Os expertos din que nin a lexislación vixente nin os programas activados ata o de agora polo Goberno contemplan este tipo de baixas.
Mentres, os sindicatos piden que se activen medidas económicas de apoio.
O único claro de momento é que os pais terán dereito á baixa remunerada se o fillo está contaxiado.