CRTVG

Buscar

Os pais dos alumnos dun colexio de Vigo critican a decisión de non incluír público na graduación

Publicado o 18/06/2021 15:34

Estamos nos últimos días dun curso escolar diferente a todos os anteriores. E nun colexio de Vigo, ese adeus ás aulas está envolto en certa polémica porque un grupo de pais enfrontouse á dirección do centro por non deixarlles asistir ao acto de graduación dos seus fillos.

Pilar, José Antonio, Ilduara e Chíu asisten por Internet á graduación dos seus fillos, que remataron este ano sexto de primaria. Fano ás portas do colexio García Barbón de Vigo, onde estudan os seus fillos.

Din que propuxeron varios xeitos alternativos para poder estar fisicamente no acto, agora en plena desescalada, pero atopáronse sempre cun muro: a dirección do centro. Despois de anos moi duros, estes pais consideran que os seus fillos merecían un acto en que eles puidesen estar.

A dirección do centro non quixo facer declaracións, aínda que si manifestou que explicou a decisión a través dun comunicado interno.

Noticias web

18/06/2021