CRTVG

Buscar

Os pais velan o cadáver de Julen mentres se investiga todo o sucedido

Publicado o 26/01/2019 22:03

José e Victoria, os pais de Julen, velan xa o seu fillo. O corpo do menor, unha vez rematada a autopsia, chegaba ao tanatorio. Faltaban poucos minutos para as catro da tarde deste sábado.

Julen morreu tras sufrir politraumatismos ao caer no pozo de Totalán. A autopsia preliminar, segundo apuntan varios medios, indican que o cativo morreou o mesmo día do accidente, hai 13 días. Tras a autopsia que lle practicaron no Anatómico Forense de Málaga, o corpo de Julen foi trasladado a este tanatorio. O pequeno será enterrado maña no cemiterio da barriada malagueña do Palo.


 

Noticias web

26/01/2019