CRTVG

Buscar

Os osos cébanse coas colmeas da comarca de Valdeorras

Publicado o 06/07/2021 20:17

Na comarca de Valdeorras algún oso leva un par de anos estragando colmeas con perdas importantes para os apicultores. Os damnificados din estar encantados de que haxa osos pola comarca, pero piden que lles axuden a defender as súas explotacións. O último incidente tivo lugar na Veiga.


A David un oso estragoulle catro colmeares nun monte de Baldín, no concello da Veiga.E non é a primeira vez; nos últimos dous anos perdeu 50 colmeas.

Axentes da naturaleza confirmaron que se trata, sen dúbida ningunha, da acción dun oso.

E hai outros catro apicultores en Valdeorras que sofriron ataques coma este .A pesar de todo aceptan o oso como veciño.
O que queren é que se lles axude a convivir cos osos.

Hai subvencións para estes casos pero David aínda non conseguiu cobrar.

Máis aló das indemnizacións, o que pide os apicultores valdeorreses é axuda para adoptar medidas preventivas, algunhas moi tradicionais e que ata terían certo interese etnográfico.




 

Noticias web

06/07/2021