CRTVG

Buscar

Os orzamentos do Estado reducen aos 1.500 euros as achegas deducibles aos plans de pensións

Publicado o 08/10/2021 16:24

Os cambios aplicados supoñen unha vantaxe que polo momento só poden ter aqueles que traballen nunha empresa que teña constituído un plan de pensións de emprego. Neste caso o Goberno aumenta a cuantía e as empresas poderán realizar contribucións de ata 8.500 euros anuais por cada traballador.

Pola contra, rebaixa a achega máxima anual dos plans de pensións, que se reduce a 1.500 euros.

O Goberno busca garantir o sistema público de pensións e paliar os efectos de ter menos cotizantes para cada vez máis pensionistas. Para moitos, a medida desincentiva o aforro de cara á xubilación.

A medida enmárcase na estratexia do executivo de Pedro Sánchez para promover os plans de empresa sobre os privados.

Noticias web

08/10/2021