A AIReF avala as previsións macroeconómicas da Xunta
Publicado o 23/10/2019 19:32
A AIReF analizou as previsións en que se basean as contas galegas para 2020. Conclúe que as expectativas de crecemento tanto do PIB como do emprego son prudentes e cumpren satisfactoriamente os requisitos establecidos pola Unión Europea.