CRTVG

Buscar

Os orzamentos da Xunta de 2020 dedicarán 82 millóns para o Xacobeo

Publicado o 28/10/2019 13:57

A Xunta ultima a preparación do Xacobeo 2021 para que chegue, di, a toda Galicia. En boa medida, por este motivo, o orzamento da Consellería de Cultura e Turismo aumentará un 9% xa en 2020, ata os 157 millóns de euros. 62 deles irán destinados ao Xacobeo, aos que haberá que sumar outros 20 doutras consellerías. Pero o Goberno galego pídelle á Moncloa compartir o esforzo para que o beneficio redunde en todo o país.

"Investimentos que demostrarían o compromiso do Goberno central coa importancia dun evento desta magnitude, xa non só para Galicia, senón para o conxunto de España", reclama o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

A Xunta achegará 770.000 euros dos seus fondos para rematar as obras da catedral de Santiago. O seu compromiso é que para o inicio do ano santo os traballos estean completados.

"Teremos a rehabilitación e a restauración da catedral, a maior que acometeu na súa historia, rematada como é o noso compromiso para o ano 2021", asegurou o conselleiro.

A oposición criticou os orzamentos defendidos por Román Rodríguez, por considerar que a súa consellería o fía todo á celebración do Xacobeo.

Noticias web

28/10/2019