CRTVG

Buscar

Os ópticos advirten do uso dos produtos antibafo para as lentes

Publicado o 23/07/2020 15:14

Lentes e máscara son unha combinación complicada, pero que xa non podemos evitar. Hai veces que manexar ambas cousas se nos pode esquecer. Ou acaba por sobrarnos unha das dúas. Este xesto de axustar a máscara é xa parte do ritual para os que non poden prescindir das lentes. O obxectivo, evitar que o bafo nos cubra o cristais

As solucións a este problema tan común multiplícanse nas redes. O primeiro, colocar as lentes sempre por riba da máscara. Pero con isto no abonda así que hai sanitarios que nos aprenden a axustar a máscara mediante unha serie de nós nas gomas. Tamén hai quen nos propón evitar que saia o bafo colando un esparadrapo. Pero ollo co material que empregamos porque pode causar lesións na pel.

Despois veñen todo tipo de produtos caseiros: untar pataca nos cristais, solucións con líquidos de lavalouzas ou o último que xa se fixo viraL. O consello dun cirurxián que nos propón usar xabrón en seco. O truco parace que si funciona, pero os ópticos advirten.

Para evitar riscos recomendan usar produtos que si son adecuados para lentes oftálmicas. Os máis comúns, sprays ou baetas que, cun prezo de entre 9 e 12 euros poden ter ata 300 usos. Esta baeta, por exemplo ten un efecto de entre 4 e 8 horas. Libres de bafos e máis seguros

Noticias web

23/07/2020