CRTVG

Buscar

Os once positivos do Hospital Provincial de Pontevedra evolucionan favorablemente

Publicado o 01/04/2021 15:36


O gromo detectouse no Servizo de Medicina Interna do Hospital Provincial de Pontevedra. En total son once contaxios que obrigaron a pechar esta área para desinfectar as habitacións e os espazos comúns que utilizan profesionais e usuarios.

Os afectados polo brote foron derivados á unidade de hospitalización Covid de Montecelo, onde se lles realiza supervisión clínica constante e evolucionan favorablemente.

Noticias web

01/04/2021