Os ocupantes dunha vivenda en Cangas volven forzar a pechadura despois de que a cambiara o Concello
Publicado o 28/07/2021 15:10

Os okupas que levan anos instalados na chamada Casa dos Pobres de Cangas volveron forzar a entrada da vivenda horas despois de que os operarios municipais cambiasen a pechadura por mandato xudicial.
O Concello de Cangas acudira á xustiza para desafiuzar as persoas que vivían sen permiso nestas instalacións municipais destinadas ao acollemento temporal de cidadáns sen recursos.