CRTVG

Buscar

Os obradoiros de Verín ultiman as máscaras para o Entroido

Publicado o 21/01/2019 21:39

Cando falta aínda máis dun mes para o Entroido, en Verín están xa a preparar o Cigarrón. O Cigarrón é o símbolo de Verín, e a máscara é a parte principal do traxe. Este artesán leva 40 anos creando carautas e 27 ensinando aos verineses como facelas. Contan con ter as máscaras rematadas para o 24 de febreiro, o Corredoiro.


 

Noticias web

21/01/2019