CRTVG

Buscar

Os obesos serán grupo prioritario de vacinación no Reino Unido

Publicado o 30/11/2020 12:57
Os obesos serán grupo prioritario de vacinación no Reino Unido

As persoas obesas serán un grupo prioritario para recibir a vacina do coronavirus no Reino Unido. O Goberno británico prepárase para comezar as vacinacións de xeito inminente e estableceu que todos aqueles que padezan obesidade e teñan entre 18 e 65 anos terán prioridade sobre os maiores de 60 anos que estean sans.

Os expertos británicos en saúde aseguran que a obesidade duplica o risco de morrer por coronavirus.

Noticias web

30/11/2020