CRTVG

Buscar

Os novos casos baixan de 5.000 en España e redúcese a presión asistencial

Publicado o 10/09/2021 18:11
Os novos casos baixan de 5.000 en España e redúcese a presión asistencial
EUROPA PRESS

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres, con datos achegados polas comunidades autónomas, 4.440 novos casos de coronavirus, dos 1.940 que foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 2.090 rexistrados o xoves, o que eleva a 4.907.461 a cifra total de persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia.   

Respecto á incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue reducíndose, situándose nos 131,30 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 140,43 notificados o xoves polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

En canto aos falecidos por Covid-19, notificáronse 72. Na última semana rexistráronse 263. Isto fai que a cifra global de falecementos por coronavirus en España se eleve ás 85.290 persoas.   

Actualmente hai 4.975 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España, 140 menos que este xoves, e rexístranse 1.227 na UCI (31 menos), aínda que nas últimas 24 horas producíronse 379 ingresos e 569 altas.

A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 4,19 por cento e nas UCI no 13,37 por cento, en ambos os casos varían pouco con respecto aos datos dados este xoves. 

Noticias web

10/09/2021