CRTVG

Buscar

O grupo galego que chegou de Mallorca sométese a un cribado voluntario

Publicado o 29/06/2021 14:54

O voo chegaba de Mallorca pasada a unha da tarde con ese grupo de noventa estudantes a bordo. Ao non constarlles ningún contacto de risco, puideron regresar cando tiñan previsto e sen ter que presentar PCR negativa para subir ao avión. E aquí, esperándoos, ademais dos familiares, un equipo de enfermería da área sanitaria. Desprazáronse ata o aeroporto para organizar un dispositivo de cribado voluntario para os mozos e mozas que quixeran facer as probas ao aterrar. Terán que pasar 48 horas en corentena, ata que cheguen eses resultados. Se todo o grupo dá negativo, quedarían sen restrición ningunha, e se algún deles dá positivo, terían que repetir as probas PCR e permanecer en corentena polo menos 10 días. 

Xa lles tardaba telos de volta aos familiares, aínda sorprendidos polo estoupido do macrogromo en Mallorca. Con todo, Eva estaba tranquila porque a súa filla viaxou nun grupo organizado, con monitores que xa os acompañaron dende aquí, e cos que tiveron contacto permanente. Ao non constarlles contactos de risco na illa puideron viaxar de volta cando tiñan previsto, e tampouco precisaron proba negativa para embarcar. Puideron facela ao chegar, no dispositivo de cribado voluntario que organizou o Sergas para detectar posibles casos asintomáticos. Os que fixeron a PCR terán que quedar 48 horas en corentena, á espera dos resultados. 

A Xunta insiste na recomendación de suspender calquera viaxe programada á área do macrogromo ata que a situación se dea por controlada.

 

Noticias web

29/06/2021