Os nenos volven ás rúas do Carballiño nesta primeira xornada de desconfinamento
Publicado o 26/04/2020 12:43
Para facer recados ou simplemente para estirar as pernas fóra dos seus domicilios, as rúas do Carballiño viviron o seu domingo máis animado desde que se declarou o estado de alerta. Moitos foron os rapaces que, acompañados dun adulto, saíron de novo a pasear.