Os nenos saen a xogar ás rúas e parques despois de máis de 40 días na casa
Publicado o 26/04/2020 14:20
OS NENOS SAEN A RUA
Os nenos e os pais galegos aproveitaron a súa primeira xornada na rúa con responsabilidade. Como fixeron Sofía e Marina en Vigo moi amigas do cole que se saudaron e falaron desde a distancia.
Como Carmela que goza do aire e de sensacións case esquecidas como esta.
A imaxe repítese por toda Galicia, nenos e pais devólvenlles a vida ás nosas rúas e parques.
Os pais teñen nesta xornada sentimentos encontrados.
Coa saída controlada dos nenos á rúa comeza un lento desconfinamento que nos achega á normalidade cada día un pouco máis.