CRTVG

Buscar

Os nenos ourensáns poderán pedir o libro que desexen cunha subvención de 20 euros

Publicado o 24/06/2021 14:40

Teñen que cubrir unha solicitude na web e achegarse a calquera das 38 librerías de Ourense que participan nesta iniciativa do Concello. Todos os nenos empadroados na cidade poden recibir un libro, calquera ata os 20 euros de prezo.

É a segunda edición dunha iniciativa que xurdiu en medio da pandemia. A campaña foi un éxito e agasallaron preto de 9.000 libros o ano pasado. Este ano agardan incrementar a cifra.

Noticias web

24/06/2021