Os nenos non comen azucre no cole de Xunqueira de Ambía
A loita contra o sedentarismo e a obesidade infantil converteu o colexio público de Xunqueira de Ambía nun centro de referencia. Exercicio diario e programado, unha dieta a base de produtos de proximidade e o seguimento por parte dun nutricionista, son algunhas das claves do éxito.
No colexio de Xunqueira hai que sentar á mesa para comer a merenda. Hoxe toca leite con cereais. Sen azucre. Só se pode adozar con mel ou marmelada e os iogures, naturais.
Almorzan a media mañá, tras os 20 minutos diarios de exercicio.
É o programa Actívate. Cada día, o profesor de educación física programa unha serie de exercicios, por idades e sempre distintos, para que non se aburran. Os maiores axudan os pequenos e, ao tempo que liberan enerxía, collen folgos para seguir as clases.
Alimentación saudable, exercicio físico e control, diso encárgase o nutricionista. Fai un seguimento da talle, peso e masa corporal, atendendo á idade e á constitución física de cada neno. Tamén deseña os menús, elaborados en base ao mercado de proximidade.
Acaba de pasar o Nadal e van ver os seus efectos.
Mentres a maioría dos colexios do rural ourensán perden alumnado, en Xunqueira practicamente duplicaron a matrícula no último lustro: de 40 a 77 estudantes que teñen na actualidade.