Os nenos hospitalizados en Ferrol apuran os seus deseños para o Entroido
Publicado o 27/02/2019 15:09
Despois de moitas xornadas deseñando os seus superheroes e superheroínas, os nenos hospitalizados no CHUF vestían por fin os seus disfraces para celebrar o Entroido. Así, fixéronse reais Superemia, que viste gorro de tapón e ten poderes de crema anestésica, ou o Superrollo de Roberto e o Superhospitalario de Luis.
Coa axuda de Pilar, a mestra da aula hospitalaria e diferentes voluntarios, os cativos definiron os poderes dos seus heroes, puxéronlles nome e detallaron o disfrace. Iso si, todos levaban capas feitas pola costureira da lavandería do centro e para que non faltara nada, as cociñeiras fixeron orellas, mesmo sen azucre.