Os nenos galegos volven ás escolas infantís públicas de Galicia
• As familias teñen concertada unha hora de entrada | Non haberá interacción entre as aulas
• O pediatra Quique Bassat analiza as medidas de regreso ás aulas
Esta mañá, pais e nais de toda Galicia achegáronse ás portas das escolas infantís públicas para deixar aos seus cativos.
Hai nervios e preocupación entre os pais e os profesionais. As familias teñen concertada unha hora de entrada. No primeiro día, os pais acompañan aos nenos. Estes teñen calzado exclusivo para a escola, e non haberá interacción entre as aulas.
Tanto a Xunta como as propias escolas elaboraron un listado de normas orientadas a frear o acceso do virus ás instalacións educativas. Lavar as mans polo menos 5 veces ao día, distanciamento social, uso de máscara, xoguetes estratexicamnente repartidos ou lapis de uso individual son só algunhas delas.
En total, son 7.649 nenos de entre 0 e 3 anos os chamados a iniciar o curso este venres na comunidade galega. O número de matriculados é inferior á de anos anteriores pero que o goberno autonómico entende que aumentará nas vindeiras semanas.
O 10 de setembro comezan as clases os nenos de cuarto e quinto de Educación Infantil, de Educación Especial e de primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria. O día seguinte, incorporaranse os de sexto de Educación Infantil e de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria.
O 16 de setembro tócalles aos estudntes de primero e segundo de Educación Secundaria, primero de Bacharelato e primero de Formación Profesional de grao medio e superior.
O 17 serán os alumnos de Educación Secundaria, segundo de Bacharelato e segundo de Formación Profesional media e superior os que regresen. E o 18, os alumnos de cuarto de Educación Secundaria e FP básica.