Os nenos galegos mándanlles aos Reis as súas peticións
Publicado o 02/01/2020 14:10
Melchor, Gaspar e Baltasar virán a noite do día cinco cargados de agasallos para os nenos galegos. Algúns deles xa se encargaron de facer unha longa listaxe para que os magos de Oriente teñan onde escoller, outros prefiren pedir unha soa cousa para asegurarse de recibir xusto o que queren.
Aínda que case todos confían en non atopar un anaco de carbón debaixo da árbore, moitos recoñecen que este ano non se portaron tan ben como debían.
En calquera caso, se todo vai ben e non se estravía ningún agasallo polo camiño, seguro que, un ano máis, os Reis son xenerosos nos fogares galegos.